Polo momento este proxecto comezou fai catro anos. A iniciativa foi dunha canguesa chamada Neneta Herrero. Construir unha primeira escola nun pobo chamado Juanga, escolarizando a 135 nenos inicialmente. O diñeiro para este primeiro edificio conseguiuse grazas á colaboración de moita xente, donativos en metálico, obras de arte para poxar, etc.
A escola chámase "María Soliña" e na actualidade está constituída por dous edificios. Nun deles ten dous niveis, no fondo, hai 4 habitacións, unha cociña e un gran corredor. Na planta alta 4 aulas e un corredor. No outro edificio, son dúas aulas, unha sala de profesores e un gran salón comúns para diversas actividades (xogos, encontros culturais, reunións ,....). Tamén ten dez baños cas súas ducha. Os nenos cursan ata o 6ªcuso (e o 7º para finais do ano) dos dez que compoñen a educación básica.
Actualmente a escola ten en total 340 alumnos dos cales 130 durmen na mesma.
ShangaIndia, 2010 C.I.F: G36500031
diseñado por bimbio